O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno do Concello debate unha modificación da ordenanza das piscinas

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 26 de xullo en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Na sesión debaterase unha modificación da ordenanza reguladora do prezo público polo servizo das piscinas municipais. Entre outras cousas de carácter formal establécese que para participar no servizo de natación escolar haxa que xustificar a matrícula nun centro escolar do Concello de Teo.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Aprobación das actas das sesións do 31.05.17. e 28.06.17.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 555/17 á 642/17).
  3. Dar conta do informe do cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais, 2º trimestre de 2017.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de 3ª modificación da ordenanza reguladora do prezo público por servizo de piscinas de titularidade municipal do Concello de Teo.
  5. Mocións
  6. Rogos e preguntas.
piscina