O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O PLENO DO CONCELLO DEBATE A SUSPENSIÓN DOS INCENTIVOS Á XUBILACIÓN POLA IMPOSIBILIDADE DE REPOÑER PERSOAL

| compartir:

A corporación teense reúnese este luns 31 de agosto en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, nesta ocasión ás 20:30 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

 

Un dos asuntos que se debaterá no pleno será a suspensión temporal do artigo 116 do acordo regulador do persoal funcionario e do artigo 113 do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Teo na parte na que incentivan economicamente a  a xubilación mentras se manteñan as restricións en materia de incorporación de novo persoal.

Na sesión tamén se votarán os festivos locais para o 2016 que segundo a proposta da alcaldía serán o día da Ascensión e o San Martiño.  

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Aprobación das actas das sesións do 18/06/15, 06/07/15 e 23/07/15.
  2. Dar conta da composición das comisións informativas, á vista do escrito presentado polo Grupo Municipal do PP o 24/07/15 (Rex. Entrada número 5686).
  3. Dar conta do informe de intervención e tesourería relativo ao cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de festivos locais 2016.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do novo texto do convenio de colaboración para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino na urbanización dos Tilos.
  6. Ditame da proposta da alcaldía de suspensión temporal do artigo 116 do acordo regulador do persoal funcionario e do artigo 113 do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Teo.
  7. Moción do grupo municipal do PP solicitando a comparecencia do Señor Alcalde en relación cunha subvención da Consellería de Medio Rural.

teo