O Goza do Ulla programa o 9 setembro unha ruta pola zona sur do Concello

10-08-2017
Goza do Ulla

O vindeiro 9 de setembro, o Goza do Ulla percorrerá Teo coa Ruta da Ponte de Pontevea. A inscrición é gratuíta e pode realizarse no Departamento de Deportes do Concello de Teo ata o 6 de setembro.

O Goza do Ulla, programa de sendeirismo de toda esta comarca, percorrerá 8 quilómetros e medio pola Parroquia de Reis, e mais concretamente no lugar de Pontevea.

A ruta partirá desde a Burga de Xermeade, coñecendo o patrimonio cultural da zona: o Castro de Valiñas, as pontes, a ponte vella de Pontevea e a Ponte mariola do Xirimbao; os lavadoiros e fontes, lavadoiro de Maíndo e a burga de Xermeade; cruceiros, cruceiro de Maíndo; pazos, pazo de Maíndo; pesqueiras e outros lugares de interese para os e as sendeiristas.

Vixiarase por sendas que atravesan o couto de pesca de Couso e espazos que forman parte da Rede Natura 2000.

A inscrición é gratuíta e remata o prazo o 6 de setembro. Esta pode realizarse cubrindo a ficha de inscrición e entregándoa no Departamento de Deportes do Concello de Teo, descargándoa da web e enviando un correo a deportes@teo.gal, ou chamando ao teléfono do Concello de Teo, 981 815 700, e facilitando os datos requiridos.