O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O GOBERNO MUNICIPAL LEVA A PLENO UN ORGANIGRAMA ADMINISTRATIVO MUNICIPAL

| compartir:

A corporación teense reúnese este xoves 27 de outubro en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada da mesma.

O pleno ordinario de outubro deberá votar a proposta de organigrama administrativo municipal, un documento que pretende ser a guía para o desenvolvemento das ofertas de emprego público a realizar nos próximos exercicios, así como os procesos de promoción interna e de reordenamento estrutural da plantilla. O texto é froito do traballo de interlocución cos distintos departamentos municipais, cos representantes dos traballadores e coas organizacións sindicais representadas na Mesa Xeral.

Na sesión tamén se propón a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Pola súa banda o BNG propón unha moción na que amosa o seu rexeitamento á LOMCE e ás reválidas.

A orde do día terá os seguintes puntos: 

 

  • Aprobación da acta da sesión ordinaria do día 29/09/2016.
  • Dar conta das resolucións da alcaldía (da 798/16 á 920/16).
  • Dación de conta do informe de cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais 3º trimestre do 2016.
  • Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do convenio de adhesión do Concello de Teo á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
  • Ditame da proposta da alcaldía de modificación da periodicidade das sesións do pleno.
  • Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza de venda ambulante do Concello de Teo.
  • Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do organigrama administrativo municipal do Concello de Teo.
  • Ditame da moción do Grupo Municipal Mixto da oposición á LOMCE e ñas reválidas.
  • Mocións.
  • Rogos e preguntas.
pleno Teo