O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O GOBERNO MUNICIPAL ABRE UN EXPEDIENTE INFORMATIVO A DOUS POLICÍAS QUE NON TEN RELACIÓN CON CUESTIÓNS URBANÍSTICAS

| compartir:

Diante das informacións aparecidas hoxe en dous medios escritos sobre a apertura dun expediente á policía local o goberno municipal de Teo quere actuar dun xeito riguroso, como é habitual, e clarificar varias cuestións. É falso que a persoa sobre a que a policía emite un informe urbanístico sexa familiar de ningún edil nin do alcalde. Esta persoa, que ten aberto un expediente no departamento de urbanismo, non ten ningún vínculo familiar con ningún membro do goberno municipal de Teo. Á vista desto, a insinuación de que calquera expediente informativo á policía vén motivado por esta inexistente relación familiar non se sostén.

É falso que o Concello teña iniciado ou aberto un expediente disciplinario contra ningún traballador neste momento. Hai aberto un expediente informativo, que pretende esclarecer se na actuación da policía local puido haber elementos que afecten aos dereitos fundamentais dun cidadán. Á vista desta sospeita o alcalde inicia un expediente informativo que debe esclarecer este extremo. Aclarar esto é interese do goberno e debería ser compartido polo corpo policial como garante dos dereitos da cidadanía. Unha vez se remate a tramitación deste expediente informativo farase pública a resolución.

 

En relación co informe urbanístico ao que fan referencia na información cabe destacar que no departamento de urbanismo se lle está dando trámite, como a calquera reclamación ou informe que indique ou insinúe algún tipo de infracción.

 

O alcalde de Teo vai ditar un circular interna sobre as función da policía local destacando que ten encomendadas labores de apoio na realización de inspeccións urbanísticas. Sen embargo cabe destacar que no Concello de Teo existe unha unidade administrativa, dentro do departamento de urbanismo, cun traballador que ten asignadas específicamente as funcións de inspección urbanística, polo que a non lle corresponde á policía local o desempeño daquelas tarefas máis alá dos labores de colaboración con este técnico. Tamén se destaca que a policía local, movida pola boa fe, ten realizado actuacións de inspección, que ao carecer de supervisión dos técnicos especialistas en urbanismo, vulneran a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia, o que pode provocar a nulidade das probas aportadas no informe policial.

teo