O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O goberno local traballa coa Consellería de Ordenación do Territorio nunha saída que facilite as segregacións

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, mantiveron un encontro na Xunta de Galicia coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. O obxecto desta xuntanza era buscar un desbloqueo por parte da Xunta en diferentes temas relacionados co urbanismo municipal e con obras de infraestruras hidráulicas.

Os responsables municipais valoran positivamente a reunión xa que Beatriz Mato amosouse disposta a buscar un mecanismo que permita que en Teo se poidan realizar segregacións. Dende o Concello vaise enviar unha solicitude respecto da interpretación do regulamento da lei do solo e dende a Xunta comprometéronse a enviar a resposta en poucas semanas. O alcalde e a concelleira de Urbanismo de Teo amósanse optimistas de que por fin se poida chegar a unha interpretación da lei do solo que permita viabilizar unha demanda da cidadanía como a realización das segregacións.

O pleno de Teo xa aprobou, en abril do ano pasado, unha moción na que se pedía unha solución para a prohibición de segregar que comezou coa aprobación da última lei do solo.

Na xuntanza tamén se falou da necesidade da redacción dun novo PXOM para Teo, xa que o actual está afectado por unha sentenza que anula unha parte do mesmo.

Así mesmo a Conselleira comprometeuse a analizar a colaboración co Concello para a realización de novos bombeos. Esta colaboración concretaríase a través de Augas de Galicia e dende o Concello marcarase a prioridade de execución da EBAR (Estación de Bombeo de Augas Residuais) de Caxade.

 

 

reunión conselleria