O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O ENTROIDO EN VILARIÑO E AS XENERALAS DO ULLA DESPIDEN O CARNAVAL EN TEO

| compartir:

O entroido deste ano comeza a despedirse ata o ano que vén. En Teo péchase en Vilariño o domingo 5 de marzo, se a choiva o permite, e co espectáculo de Títeres Cachirulo As xeneralas da Ulla o sábado 4 na Ramallosa. Despois da celebración do entroido nas parroquias de Bamonde, Lucí, Reis e Cacheiras chega o momento dun dos entroidos que nos últimos anos tenta recuperar esta tradición, Vilariño.

O sábado 4 de marzo no Auditorio Constante Liste, na Ramallosa, teremos o espectáculo de marioneteas "As xeneralas da Ulla". Será ás 18:30 horas e a entrada é de balde ata completar aforo. Títeres Cachirulo presenta un espectáculo de marionetas de madeira sobre o entroido do Ulla. Na montaxe dúas xeneralas e dúas correos percorren as aldeas dando vivas e atranques. Un xeito de achegar o entroido aos máis pequenos/as da casa. 

Vilariño

O domingo 5 de marzo celébrase o entroido dos xenerais na parroquia de Lucí.  O percorrido tradicional en Vilariño comeza no campo da festa de onde saen cara Cerdeira antes de comer. Despois de comer farán a outra parte da parroquia cara Bamonde e rematarán de novo no campo da festa sobre as 18:30 horas. Alí darán os tradicionais atranques. As coordenadas GPS do campo da festa son: 42º 46´ 23"/ 8º 31´ 40". Todo esto se a choiva o permite. Viva o entroido!

teo