O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Departamento de Deportes inclúe nas súas escolas cursos de natación

| compartir:

O Departamento de Deportes inicia para o curso 2017-18 a xestión de cursos de natación incluída na oferta de escolas deportivas que este Departamento organiza durante o curso escolar.

Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos escolarizados/as nos centros educativos do Concello de Teo: CRA, CEIP A Ramallosa, CEIP Calo e CEIP Os Tilos e constaría dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.

Á hora de cubrir a solicitude os e as interesadas poderán elixir entre os horarios que máis lles interese:

- Luns ás 16:15 h - 36 prazas

- Luns ás 17:45 h - 24 prazas

- Martes ás 16:15 h - 36 prazas

- Mércores ás 16:15 h - 36 prazas

- Xoves ás 16:15 h - 48 prazas

O prazo para inscribirse estará aberto entre o 13 e o 18 de setembro e manterá o mesmo procedemento de inscrición e de pagamento ca o resto das escolas e actividades deportivas.

Débese cubrir unha ficha e presentala no Rexistro Xeral do Concello entre o 13 ao 18 de setembro (1º trimestre).

Unha vez que se comprobe que hai praza no curso procederase ao pagamento, entre o 20 ao 25 de setembro (1º trimestre), entregando o xustificante no Concello.

O custo deste servizo é de 18 euros por trimestre, coas mesmas bonificacións ca nas Escolas Deportivas

publicadas no BOP núm. 195 do 13/10/2011.

Pode descargar a información completa e a ficha de inscrición.

natación