O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE TEO APROBA UNHA MOCIÓN QUE REXEITA AS REVÁLIDAS DE 4º DA ESO E 2º DE BACHARELATO

| compartir:

O Consello Escolar Municipal do Concello de Teo acordou, nunha sesión celebrada onte 25 de outubro, aprobar unha moción de rexeitamento das reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato . No acordo, que se adoptou por unanimidade, solicítase a paralización das citadas probas ademáis de pedir a derrogación da LOMCE no Congreso dos Deputados.

No texto , debatido no Consello Escolar, lémbrase a forte controversia xenerada dende o inicio pola LOMCE aprobada polo PP en solitario e particularmente polas reválidas propostas tanto en primaria como en secundaria e no bacharelato. A maiores tamén se incide na inseguridade e incertidume na mocidade que iniciaron este curso académico sen saber como vai ser a proba terán que superar en 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

A moción tamén pide que se dote ao ensino público dos recursos precisos para dar resposta aos diferentes ritmos de aprendizaxe, intereses e motivacións presentes nas aulas.

O Consello Escolar Municipal de Teo ten representaicón de toda a comunidade educativa, alumnado, pais e nais, mestres, organizacións sindicais e representantes de colectivos vinculados con temas educativos e de asociacións veciñais. O concelleiro Fran Nanín é o responsable municipal da coordinación deste consello escolar en Teo.   

Consulta o texto da moción premendo aquí 

aula calo

Arquivos descargables