O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO VOLVE A ORGANIZAR O LIBRETEO COA INTENCIÓN DE CONSOLIDAR ESTA CITA SOBRE O SOFTWARE LIBRE

| compartir:

O Concello de Teo celebra o 1 de abril unha segunda edición do LibreTeo “coa intención de consolidar esta cita co software libre e o coñecemento e a cultura” segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Conchi García. Esta actividade desenvolverase na Ramallosa durante toda a xornada do sábado 1 de abril, coincidindo coa celebración do #arduinoday. Será na Ramallosa, co Auditorio Constante Liste, como sede central, aínda que tamén se usarán espazos da Casa do Concello.

A información sobre a oferta de actividades do LibreTeo xa se poden consultar premendo aquí e de feito a inscrición nos diferentes talleres xa está aberta. A concelleira destaca “o esforzo do Concello por presentar unha oferta de actividades variada e interesante na que tentamos atender as diferentes franxas de idade con talleres para adultos/as pero tamén para nenos/as e mocidade”. Todas as actividades son de balde.

 

Durante esta xornada celebrarase a primeira Lan Party de Teo para a que hai 50 prazas e que estará funcionando durante 5 horas dende as 09:00 horas. Tamén haberá un obradoiro lúdico aberto no que poderán estar os máis pequenos/as en horario de mañá e tarde e no que se abordarán temas relacionados coa tecnoloxía dende un punto de vista lúdico. Para estar neste obradoiro tamén é preciso anotarse.

 

Os talleres tratarán temas como electrónica básica para nenos/as, arduino dende cero, audio e poscasting, instagram ou a webserie recentemente premiada nos Mestre Mateo “Galicia Crime”. Tamén haberá unha proxección das mellores fan-movies de Star Wars

teo