O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO RECIBE O RECOÑECEMENTO DE BIC PARA TRES PETRÓGLIFOS, MOSTRA DA SÚA RIQUEZA ARQUEOLÓXICA

| compartir:

Xunto coa solicitude de BIC para estes tres petróglifos tamén se pedía para a ponte de Pontevea e a concelleira confía “en que o mesmo recoñecemento se faga de xeito inminente segundo nos indicou a Directora Xeral de Patrimonio nun recente encontro”.

 

Os tres petróglifos de Teo, da parroquia de Luou, forman parte ademais dunha zona arqueolóxica supramunicipal, que se está catalogando neste momento dende a Xunta e inclúe zonas de interese dos Concellos de Ames e Santiago.

 

A declaración de ben de interese cultural para estas manifestacións artísticas é de gran importancia “xa que esta concesión facilitará a concesión de axudas doutras administracións que nos permitirán a posta en valor, sinalización e mellora da accesibilidade dos citados petróglifos” explica Conchi García.

 

O petróglifo Río de Angueira ou de Monte de Cornide é un conxunto de escenas de monta, unha delas sobre un cervo. O petróglifo de Outeiro do Corno I amosa na súa parte central un motivo cuadrangular segmentado acompañado dunha daga. A súa datación corresponde aos inicios da Idade de Bronce. O terceiro petróglifo protexido, Pena Bicuda de Loureiro, amosa combinacións circulares pero tamén motivos menos usuais como espirais ou un posible ídolo, segundo consta na documentación dos expedientes de solicitude de BIC que se enviaron dende o Concello de Teo á Xunta de Galicia.

outeiro do corno