O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO REALIZA OBRAS DE MELLORA DE CAMIÑOS EN TRASELLAS E NA HERMIDA CUNHA SUBVENCIÓN DO FEADER

| compartir:

O Concello de Teo vén de realizar as obras de afirmado e acondicionamento do viario municipal en A Hermida e Trasellas, dentro do programa de mellora de acceso a explotacións agrarias PDR de Galicia 2014-2020, na convocatoria 2016, financiado polo Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER).

A obra foi realizada, en aglomerado en quente, pola empresa Martínez Montes e o investimento achegouse aos 50.000 euros. 

feader