O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO PROGRAMA UNHAS XORNADAS DE MARKETING E COMERCIO ELECTRÓNICO ENTRE O 13 E O 17 DE FEBREIRO

| compartir:

O departamento de Promoción Económica do Concello, dirixido por Conchi García, programa unhas xornadas de formación para empresarios e emprendedores. Nesta ocasióin a formación será sobre marketin e comercio electrónico e farase na semana do 13 ao 17 de febreiro na aula de formación da Casa Común de Oza. A inscrición pódese realizar presentando a instacia que se pode descargar aquí ou recoller nas oficinas municipais entre o 1 e o 10 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello. O acceso farase por orde de inscrición.

Esta nova acción formativa do programa Emprende en Teo terá dous módulos, un sobre marketing e outro sobre comercio electrónico, con diferenciación horaria. 

Horario das xornadas para emprendedores:

Marketing: 13 e 14 de febreiro de 17.30 a 20.30

Tutorías marketing: sábado 25 de febreiro. Horario a acordar coas persoas interesadas. (cita individual)

Comercio electrónico: 15,16 e 17 de febreiro de 17.30 a 20.30

Horario das xornadas para empresarios:

Sábado 18 de febreiro coa seguinte distribución:

de 16:00 a 18:30 Márketing

de 18.30 a 21.00 Comercio electrónico

Lembrámosvos o programa das xornadas:

Na acción dirixida a emprendedores abordaranse as seguintes cuestións: smart marketing para emprendedores; principais técnicas de marketing on line hoxe en día para emprendedores. Comunicación e marketing on line para iniciar a túa empresa e captar clientes sin ser un experto en marketing;branding en redes sociais; marketing de contido; estratexias de venta on line; captación de fidelización on line; novos modelos de negocio; comunicación do cliente do século XXI; plataformas de ecommerce; marketplace vs tenda propia; CMS de software libre. Magento, Prestashop e Woocommerce; desarrollo propio: pros e contras, licenzas, etc.; obradoiro: Análise e evaluación de proxectos en función do soporte a utilizar; proceso de produción dun proxecto de ecommerce; creación e implementación dunha tenda. Ciclo de vida e procesos; deseño de UX e front end. Realización de wireframes e fluxos de navegación; optimización de ficheiros para Internet; Responsive design; estratexia SoLoMo (SOcial, LOcal y MOvil); obradoiro: Realización na clase de wireframes dos proxectos dos emprendedores; desplegue da tenda online; solucións de hosting: servidores compartidos, dedicados, cloud...;medios de pago; loxística e integración con servicios de distribución; obradoiro: creción de road map de procesos para a posta en marcha da tenda

A acción dirixida a empresarios terá os seguintes contidos: Smart marketing para empresas; as principais ferramentas de marketing on line imprescindibles para as empresas; captación e fidelización on line; novos modelos de negocio, comunicación co cliente do século XXI; plataformas de ecommerce; marketplace vs Tenda propia; desarrollo propio: pros e contras, licenzas, etc. ; proceso de produción de un proxecto de ecommerce; creación e implementación dunha tenda. Ciclo de vida e procesos; estratexia SoLoMo (SOcial, LOcal y MOvil); despegue da tenda online; medios de pago e loxística e integración con servicios de distribución.

teo