O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello organiza unha festa do Samaín

| compartir:

O Concello de Teo organiza unha festa para celebrar o Samaín o próximo martes 31 de outubro. Esta celebración terá unha parte dirixida aos nenos/as e outras actividades para adultos.

A festa infantil farase na Casa Común de Rarís dende as 18:30 horas e nela haberá xogos, bailes, coreografías, maquillaxe e fotocol. Todo ambientado na festa celta do Samaín. Está dirixida a nenos/as de primaria, con idades entre os 3 e os 12 anos aproximadamente. Os/as menores deben asistir acompañados dalgún adulto/a e poden vir disfrazados aínda que non é obrigatorio. Para asistir á festa hai que anotarse chamando ao teléfono do Concello 981.815.700 indicando o nome e idade do/a neno/a así como un teléfono de contacto.

A festa para as persoas maiores será na zona de Francos e terá un compoñente máis "terrorífico". Comezará con dous talleres a partir das 20:30 horas, un de decoración de cabazas e outro de maquillaxe. Para participar nestes obradoiros tamén hai que anotarse chamando ao teléfono do Concello 981.815.700 indicando o nome e o teléfono e en que taller ten interese.

A noite rematará cun contacontos de medo con Brais da Horta a partir das 21:00 horas. Se o tempo o permite esta actividade farase na Ponte de Paradela.

festa Samaín