O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO LAMENTA O PECHE TEMPORAL DO TANATORIO DE LUOU POR UN TEMA XUDICIAL

| compartir:

O Concello de Teo lamenta o peche temporal do tanatorio de Luou que se comunicou hoxe mesmo á Agrupación Veciñal Camposanto de Luou en cumprimento dunha sentenza baseada na derrogada lei de policía mortuoria que impedía que a 50 metros dun cemiterio se puidera construír nada. Diante desta sentenza xa se incoou un incidente de inexecución que permita poder reabrir a instalación.

Segundo explica o alcalde de Teo, Rafael Sisto, “mentras se soluciona este tema xudicial os perxudicados son os veciños e veciñas de Luou polo que agardamos que o incidente de inexecución se resolva o antes posible”. Dende o Concello hai un permanente contacto coa Agrupación Veciñal Camposanto de Luou, que xestiona o tanatorio.

Segundo se recolle no decreto da alcaldía de cese de actividade o Concello recibiu o 10 de outubro un escrito do Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Santiago que ordena a execución de sentenza que obriga ao peche. Diante da citada sentenza xa se iniciara un incidente de inexecución porque a nova lei de policía mortuoria permite a existencia de tanatorios a menos de 50 metros do cemiterio. A pesares desto e diante da comunicación do xulgado procédese a un peche que “agardemos dure o menos posible” indica o rexedor teense.

teo