O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO INFORMA DE VARIOS CAMBIOS DE ENDEREZO DALGÚNS COLEXIOS ELECTORAIS PARA AS ELECCIÓNS DO 20D

| compartir:

O Concello de Teo informa de varios cambios de ubicación de colexios electorais para as próximas eleccións xerais do 20 de decembro. Os cambios veñen motivados sobre todo pola necesidade de mellorar a accesibilidade aos locais electorais e fixéronse en colaboración coa Oficina do Censo Electoral.

Para esta cita electoral e para as vindeiras as persoas que votaban no CEIP Os Tilos votarán na Casa Común dos Tilos (ao carón da piscina); os votantes que ían á escola do Raxó deberán facelo na Casa Común da Torre e as persoas que votaban en Recesende e no Teleclub de Cacheiras votarán no IES de Cacheiras.

 

Con estas modificacións tamén se tenta facer uso de máis locais propios municipais, evitando tanta dependencia doutros centros que dependen doutras administracións ou entidades.

teo