O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello demanda máis fondos no plan de mellora dos camiños rurais

| compartir:
Parroquia
Lucí

A corporación teense reúnese este mércores 28 de xuño en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Na sesión debateranse dúas mocións, do grupo de goberno e do BNG, sobre os recortes dos fondos da subvención de Agader aos camiños municipais. Nas dúas propostas instase á Xunta de Galicia a recuperar o investimento para este programa que se vén diminuíndo nos últimos anos. O pleno tamén votará a adhesión ao grupo de turismo Área de Compostela.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Aprobación das acta da sesión do 26.04.17.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 430/17 á 554/17).
  3. Dar conta do informe do cumprimento do artigo 104 bis da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de inicio de expediente de revisión de oficio de aprobación definitiva de estudo de detalle.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de adhesión ao convenio de Área de Compostela.
  6. Ditame da moción de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE pola regulación de acceso ao transporte público de viaxeiros para menores de 3 anos.
  7. Ditame da moción de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE sobre recortes de fondos na subvención do Agader de camiños municipais.
  8. Ditame da moción do Grupo Mixto sobre o plan de mellora de camiños rurais.
  9.  
  10. Rogos e preguntas.

 

Casa do Concello