O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO DE TEO LEVA A PLENO A PROPOSTA DE OBRAS DO POS + 2017

| compartir:

A corporación teense reúnese este luns 20 de febreiro en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada da mesma.

A proposta con máis peso nesta sesión do mes de febreiro será a do POS + 2017 que leva as diferentes obras que se financiarán a través deste plan de obras da Deputación. O goberno proporá numerosos arranxos e acondicionamentos de vías en lugares coma Casal e Recesende, Mouromorto, Lamas e Montes, Ribas, Vilar de Arriba, Constenla entre outros. Na proposta do departamento de Urbanismo tamén se contemplan sendas peonís en Calo e Os Tilos. Ademais da rede viaria, na que se prevé a mellora de quince quilómetros de vías, realizarase un bombeo en Ínsua e reducirase débeda con entidades bancarias.

 

Durante a sesión tamén se votarán varias propostas do BNG sobre a figura de Rosalía de Castro, a imposición da taxa por utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas de instalacións de transporte de enerxía ou relativa aos danos causados polo temporal de febreiro e ás responsabilidades das compañías eléctricas.

A orde do día terá os seguintes puntos:

  • Aprobación das actas das sesións do 21.12.16 e do 25.01.17.
  • Dar conta das resolucións da alcaldía (da 34/17 á 142/17).
  • Dar conta do informe do cumprimento de prazos de pago das operacións comerciais, cuarto trimestre do ano 2016.
  • Ratificación da resolución da alcaldía do 03/02/17, de aprobación do proxecto modificado da obra de “Reparación e acondicionamento do local social de Francos, Calo” (PAAS 2015).
  • Ditame da proposta da alcaldía POS+ 2017
  • Ditame da moción do grupo municipal mixto relativa aos danos causados polos temporais de febreiro e ás responsabilidades das compañías eléctricas subministradoras.
  • Ditame da moción do grupo municipal mixto relativa á imposición da taxa por utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas titulares das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas e hidrocarburos.
  • Moción do grupo municipal mixto para promover o coñecemento da obra e do compromiso coa lingua, coas mulleres e co país de Rosalía de Castro.
  • Mocións.
  • Rogos e preguntas.
teo