O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO DE TEO CONVOCA UN MINUTO DE SILENCIO EN REPULSA POLOS ATENTADOS EN BRUSELAS

| compartir:

O Concello de Teo convoca un minuto de silencio este mércores 23 de marzo ás 12:00 horas diante da Casa Consistorial en sinal de condena e repulsa polos atentados en Bruselas. Anímase a toda a cidadanía a participar nesta manifestación solidaria.

Teo únese deste xeito ao chamamento realizado pola Fegamp de gardar un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas dos atentados. 

En Teo tamén ondean as bandeiras a media hasta en sinal de dor polos atentados, segundo se solicita a través da Delegación do Goberno. Estarán a media hasta dende hoxe ata as 24 horas do 24 de marzo. 

teo