O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO DE TEO CANALIZARÁ AS RECLAMACIÓNS POR DANOS DIANTE DE FENOSA

| compartir:

O Concello de Teo canalizará as reclamacións dos/as particulares que queiran pedir unha compensación diante de Unión Fenosa polos prexuízos causados durante estes últimos días polos cortes de luz. Para presentar a reclamación poden descargar o impreso aquí ou recollelo nas oficinas municipais. O escrito debe indicar os datos persoais do contrato e achegar toda a documentación posible (fotos, tickets ou facturas dos gastos ocasionados...). A empresa ten un mes para contestar. No caso de que non conteste, cos datos desta reclamación inicial os/as afectados/as poden acudir a Consumo (900 231 123).  

Cabe destacar que os avisos e incidencias que se teñan dado por teléfono a Unión Fenosa ou a calquera distribuidora non sirven e a reclamación ten que facerse por escrito. O temporal dos últimos días ten causado fallos de suministro de luz e telefonía en numerosos fogares de Teo, algúns deles aínda sen suministro. 

Ademáis do problema do alumeado houbo numerosas incidencias. Dende o Concello o alcalde, Rafa Ssito, destaca o bo traballo dos servizos de emerxencias e das brigadas municipais: protección civil, policía local, obras, parques e xardíns, augas de Teo así coma o persoal de atención ao público. 

Cabe destacar tamén a boa resposta da cidadanía diantes das comunicacións que se foron facendo dende o Concello nas redes sociais, dando difusión aos avisos e sendo sensibles á cantidade de problemas que houbo que atender en pouco tempo. 

O teléfono de avarías de Unión Fenosa é o 900 333 999.

teo