O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO DE TEO APOSTA POLA CONTINUIDADE DO PROGRAMA VIVES EMPREGA DE BÚSQUEDA DE EMPREGO

| compartir:

O Concello de Teo aposta pola continuidade do programa Vives Emprega que busca traballar na búsqueda de traballo cos desempregados. Durante o 2016 xa se realizou esta actividade, que se fai a través dun convenio coa entidade Acción contra el Hambre. Dende o departamento de Benestar valórase positivamente a experiencia do ano 2016 e decidiuse continuar. Está previsto comezar co primeiro grupo deste ano a primeiros de febreiro.

O proxecto Vives emprega, que se está realizando noutras vilas galegas e cidades españolas, busca traballar de xeito personalizado cun grupo de demandantes de emprego para potenciar as súas competencias concretas.

Nos próximos días farase unha presentación do proxecto a aquelas persoas interesadas. Para participar é necesario enviar a solicitude á Mª de los Ángeles Rodiño Medrano, Coordinadora do proxecto, a través do Teléfono nº 629 563 058 ou o corre-o: marodino@accioncontraelhambre.org

Os únicos requisitos para participar é estar buscando emprego e ter entre 18 e 60 anos.

Balance 2016

O Vives Emprega en Teo xa funcionou durante o 2016 con dous grupos, un deles de abril a xullo e o segundo de setembro a decembro, participando un total de 45 persoas. Respecto aos datos de inserción na primeira edición chegouse ao 64% mentras que na segunda ao peche estaba no 45%. En cada unha das edicións tivéronse un total de 42 sesións de grupo, de 3 horas de duración cada unha  (3 días á semana). Ademais realizáronse once talleres con persoas externas: profesionais do ámbito laboral e do desenvolvemento persoal así como encargados da selección de persoal de empresas. Cada un dos grupos participou nun Encontro de Sementes. Na primeira xunto cos proxectos Vives Emprega do sur da península en Sevilla; e na segunda foi un encontro coa totalidade dos proxectos (27 en total) e realizouse en Madrid.

Dende o Concello e de Acción contra el Hambre tamén se agradece a colaboración de varias empresas que participaron dalgún xeito nos talleres: Eulen-Flexiplan, Gadisa, Mercadona, Finsa, Cortizo, Nortempo-NorIntegra, Nestlé Pontecesures e Residencia Los Arcángeles.

O programa Vives Emprega ten como obxectivos entre outros mellorar o autocoñecemento e desenvolvemento persoal do/a participante; aprender a traballar en equipo, que se adquiran diferentes habilidades a través de dinámicas de grupo, proxectos conxuntos, retos persoais, presentacións en grupo... así como pasar a formar parte dunha rede permanente de busca de emprego. 

clausura vives emplea