O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO DE TEO APOIA A MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS DO #7N

| compartir:

A corporación teense aprobou por unanimidade no pleno do 29 de outubro unha moción con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas. A proposta tivo o apoio de todos os grupos e foi impulsada pola Plataforma Feminista Galega. Podedes consulta o texto completo aquí 

O 7 de novembro conflúen en Madrid milleiros de persoas de todo o Estado, convocadas polo Movemento Feminista, para manifestarse contra as violencias machistas. Na moción destácase a necesidade de que "todas as persoas e entidades, especialmente as públicas, estamos emprazadas non só a manifestarnos e contribuír a esta acción cidadá, senón a reactivar e mellorar a resposta á subsistencia da violencia machista evidenciada nos casos gravísimos dende o verán, dez anos despois da Lei integral contra a violencia de xénero de 2004, das numerosas leis autonómicas e un ano despois da ratificación do Convenio de Istambul (BOE do 06/06/2014), que se incumpren substancialmente en canto a prevención no ámbito educativo, que só dan protección laboral ou económica ao 1% das 126.742 denunciantes, ou de vivenda, mentras medra a desigualdade que é o caldo de cultivo da violencia". 

Consulta o texto completo aquí 

teo