O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO CONVOCA UNHA BOLSA DE PRÁCTICAS PARA O ARQUIVO MUNICIPAL

| compartir:

O Concello de Teo convoca unha bolsa de prácticas para tarefas de apoio no arquivo municipal, centrado no proceso de dixitalización de fondos municipais e na organización e descrición documental. A bolsa ten unha duración de 8 meses e poden participar nesta convocatoria as/os titulados/as universitarios/as licenciados/as ou graduados/as en Historia, licenciados/as en Humanidades ou graduados/as en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e os graduados/as en Información e Documentación ou Diplomados/as en Biblioteconomía e Documentación que rematasen os seus estudos con posterioridade ó primeiro de xaneiro de 2010.

As persoas interesadas en participar neste proceso deben entregar a solicitude ata o 14 de setembro no Rexistro Xeral do Concello. 

Consulta a convocatoria completa premendo aquí

Descarga aquí as bases completas da convocatoria

Descarga aquí a solicitude  

teo