O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO CONVOCA UN CURSO DE ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

| compartir:

O Concello convoca un curso de animación de actividades de tempo libre, en colaboración coa Escola Galega de Tempo Libre Don Bosco de Santiago. O curso comezará o vindeiro 24 de setembro e concluirá o 5 de xaneiro de 2017.

Esta iniciativa de formación ten unha duración de 200 horas lectivas na súa parte teórica, ás que hai que engadirlle 150 horas de prácticas posteriores nun programa de tempo libre. A superación das dúas fases, teórica e práctica, permite obter o título de monitor ou monitora de tempo libre, unha titulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

 

O curso está dirixido especialmente a mozos e mozas que queiran traballar en programas de ocio, tempo libre e animación sociocultural, se ben poderá participar calquera persoa interesada. As principais condicións para inscribirse son ter cumpridos os 18 anos de idade, antes do inicio do curso, e ter rematada a Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO).

 

O número de prazas está limitado en 25. As inscricións deben efectuarse en liña, a través deste formulario. O curso ten un prezo de 150 euros para as persoas empadroadas en Teo, e de 250 euros para as que non estean empadroadas neste municipio. As taxas de expedición do título non están incluídas neste importe.

 

Datas e horarios

A parte teórica do curso desenvolverase desde o 24 de setembro ata o 5 de xaneiro, en fins de semana alternas e durante as datas de Nadal. Deste xeito, haberá clases os días 24 e 25 de setembro; 8, 9, 22 e 23 de outubro; 5, 6, 19 e 20 de novembro; 3, 4, 17, 18, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro; e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. O horario será de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas, a non ser os domingos e festivos, que terán unicamente horario matinal.

monitores Teo