O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO CONVOCA O PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR TRES POSTOS PARA O SERVIZO MUNICIPAL AUGAS DE TEO

| compartir:

O Concello convoca o proceso selectivo para cubrir tres postos para o servizo municipal Augas de Teo. Cubriranse polo sistema de concurso-oposición os seguintes postos de traballo: un/ha xefe/a de instalacións e redes, un/ha operario/a de redes e un/ha oficial electromecánica. As persoas que accedan serán persoal laboral e terán un contrato de interinidade. As bases completas da convocatoria pódense consultar premendo aquí

O persoal será destinado á cobertura das necesidades laborais que se teñen xerado no servizo municipal de abastecemento e saneamento, con motivo da asunción, por parte do Concello de Teo, da súa xestión directa nos termos acordados polo Pleno Municipal na sesión ordinaria do 26 de marzo de 2015.

 

Para participar no proceso selectivo hai que entregar a solicitude coa documentación requerida ata o 7 de xaneiro de 2016. 

 

Renting de seis vehículos

 

Neste momento tamén se está licitando o renting de seis vehículos para o servizo de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Teo. 

teo