O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NO DIVERTO NADAL

| compartir:

O prazo para inscribirse no Diverteo que se realizará nas vacacións escolares de Nadal está aberto dende o 16 ao 30 de novembro. Este programa pretende ser unha ferramenta de axuda para as familias na conciliación familiar e laboral e funcionará os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2015 e o 4 e o 5 de xaneiro de 2016. O Diverteo está dirixido a nenos/as escolarizados nos CEIPs ou no CRA de 3 a 12 anos con preferencia para os empadroados/as en Teo. Consulta a convocatoria completa premendo aquí

O servizo funciona nos CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos en horario de 07:30 horas a 14:15 sen servizo de comedor e ata as 15:15 no caso de facer uso do comedor. Para formalizar a inscrición hai que entregar a ficha no Rexistro Xeral do Concello , entre o 16 e o 30 de novembro, de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas ou os sábados de 09:00 A 13:00 horas.

 

O número de prazas para a edición de Nadal é de 100 e o acceso farase por rigurosa orde de inscrición. O custe do servizo é de 3 euros por día e neno/a polo que neste caso o total son 30 euros. A listaxe de admitidos/as publicarase a partir do 3 de decembro na web municipal teo.gal e no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello. As persoas admitidas deberán realizar o pagamento entre os días 3 e 10 de decembro e teñen que entregar no Concello o xustificante antes do 11 de decembro.

 

O Concello establece unha serie de normas para a recollida dos nenos e nenas á saída da actividade das que se informará aos proxenitores. Así mesmo tamén terán que cubrir na ficha de inscrición diferentes modelos de autorizacións (saídas, recollida do neno/a ou traslado por emerxencia por exemplo).

teo