O CLUB MOTOCICLISTA TEO ORGANIZA UNHA DAS PROBAS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL EN LAMPAI

19-06-2015
teo

Club Motociclista Teo organiza unha das probas do Campionato de España de Trial en Lampai este domingo 21 de xuño. Neste mesma xornada tamén se realizarán as probas do Campionato Galego. O Concello de Teo colabora con esta iniciativa. Está previsto que o 21 se dean cita en Lampai máis de oitenta pilotos para disputar esta competición. 

O sábado realizaranse os adestramentos pola mañá e xa pola tarde os participantes poderán visitar a zona do percorrido. O domingo a competición será pola mañá e os pilotos comezarán a saír dende as oito e media. 

Disputaranse as categorías TR2, TR3, TR4, Junior, Cadete, Juvenil A, Juvenil B y Veteranos na proba do Campionato de España mentras que para o Campionato galego as categorías TR1, TR2, TR3, Junior Open, TR35 e TR4.

Máis información na páxina do Club Motociclista Teo