O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CENSO ELECTORAL PODERASE CONSULTAR NO CONCELLO ENTRE O 9 E O 16 DE MAIO PARA POSIBLES RECLAMACIÓNS

| compartir:

Cara á próxima convocatoria das Eleccións a Cortes Xerais, que se celebrarán o día 26 de xuño, a Oficina do Censo Electoral comunica aos Concellos que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será entre os días 9 e 16 de maio. Nese prazo, os interesados poderán achegarse ao Concello a comprobar os seus datos e proceder a reclamacións se é preciso. Esta consulta tamén poderá facerse a través do teléfono 901 101 900 ou entrando na páxina web do INE, con certificado dixital ou DNI electrónico.

O horario de atención nas oficinas do Concello será en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 9:00 a 13:00 horas os sábados. Para reclamacións dos datos censais, os interesados terán que tramitala, de xeito presencial, tras previa identificación nas oficinas do Concello co DNI, pasaporte ou permiso de conducir onde apareza a fotografía do titular.

 

Dende a Oficina do Censo Electoral destacan ademais a importancia de consultar os datos nos casos da mocidade que cumpriu recentemente os 18 anos. Deste xeito, en caso de non estar no censo, poderán ser incluídos e contar co dereito a voto.

urna