O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O ALCALDE DE TEO LAMENTA A TARDANZA DOS MEDIOS AÉREOS NAS TAREFAS DE EXTINCIÓN DO LUME FORESTAL EN CALO

| compartir:

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Calo onte quedaba oficialmente controlado ás 21:44 horas, segundo o protocolo de Medio Rural. Despois de horas de moito risco e incertidume para unha zona con moitas vivendas desactivábase a Situación 2, declarada cando o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, lamenta "a tardanza dos medios aéreos para colaborar na extinción, chegou antes a Conselleira que os helicópteros".

O lume declarouse ás 17:42 horas e no seu control traballaron medios terrestres da Xunta, do Concello de Teo así como doutros Concellos coma Santiago. Durante a tarde sumáronse aos traballos de extinción 2 helicópteros e 1 avión.

O rexedor destaca o risco para moitas vivendas en Socastro, Texexe ou Mouromorto en zonas nos que o lume quedou só a escasos metros das casas. Pola noite, unha vez controlado o lume, quedou un retén do Servizo Municipal de Emerxencias de Teo, para vixiar que non volvera prender.  

A superficie afectada, segundo estimacións provisionais de Medio Rural, sitúase arredor das 55 hectáreas. Lémbrase que calquera persoa que vexa un lume forestal debe chamar ao número de teléfono gratuíto 085.

teo