O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O acceso ás actividades municipais farase por sorteo a partir de outubro

| compartir:

Dende a área de Participación Cidadá infórmase que o acceso ás actividades municipais farase por sorteo a partir de outubro. Entre o 15 de xullo e finais de xullo realizouse un debate con votación na plataforma de participación Somos Teo  na que se decidía o sistema de acceso ás actividades municipais. Rematado o debate gañou o sistema de sorteo contra a orde de inscrición. 

Durante o mes de setembro realizouse a inscrición nas escolas deportivas e culturais e o sistema de acceso, como se establecía na información que acompañaba o oferta, fíxose por orde de inscrición. A programación destas actividades e o deseño da cartelería e da información fíxose antes de rematar o proceso de participación no que se debatía este tema. Por eso nesta convocatoria non se puido respetar a elección feita na plataforma. De feito a información das escolas deportivas estaba impresa xa a finais de xuño para distribuíla nos colexios antes de rematar as clases. Á vista desta situación o acceso ás escolas deportivas e culturais durante o curso, caso que que vaian existindo vacantes farase polo mesmo sistema que o acceso inicial, a orde de inscrición.

Sen embargo dende outubro o acceso ás novas actividades municipais ofertadas farase por sorteo no caso de que o número de solicitudes exceda o de prazas.

 

 

pavillón municipal