O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O 11 de xuño volve a Francos o Festeo e a Feira da Terra

| compartir:
Parroquia
Calo

O domingo 11 de xuño, volve a festa da veciñanza de Teo á carballeira de Francos en Calo. O Festeo e a Feira da Terra trean á carballeira unha manchea de actividades para persoas de todas as idades. Música, deporte, teatro, obradoiros e moitas outras propostas conflúen nunha xornada na que participan asociacións de todo o municipio. A Asociación A Carballeira do San Martiño tamén terá o seu espazo destacado para a Feira da Terra.

No espazo do Festeo teremos unha mesa de participación das entidades teenses e haberá polbeiras e postos de comida. O remate da festa, a partir das 20:00 horas, será o concerto da orquestra Os Modernos.

Un dos momentos máis emotivos da xornada será a homenaxe a Malena Suárez, expresidente da ARCOS Tilos, pola súa traxectoria á fronte desa entidade. Este recoñecemento do Concello de Teo e do seu movemento asociativo foi acordado na primeira xuntanza do Consello de Relacións Veciñais que se reuniu en maio e acordou efectuar cada ano unha homenaxe a unha persoa vinculada co movemento asociativo.

Horarios da actividade da feira e das actuacións das asociacións

De 12:00 a 18:00 horas. Actividade de mercado na Feira de Terra.

Durante a mañá: demostración de palilleiras.

12:00 horas. Actuación da Pontevella.

12:15 horas. Roteiro de herbas comestibles.

12:30 horas. Actuación da agrupación Rosalía de Castro.

13:00 horas. Actuación da SR de Calo.

13:30 horas. Homenaxe á ARC Os Tilos, na persoa da súa ex-presidenta, Malena Suárez Silva.

16:00 horas. Actuación de A Mámoa, Luou.

16:30 horas. Actuación da Coral de Cruceiro do Monte.

17:00 horas. Actuación das Pandereteiras de As Repenicas.

17:15 horas. Grupo de guitarra da ARC Os Tilos.

17:30 horas. Grupo de canto Aleceia.

18:00 horas. Actuación da Banda de Teo.

18:00 horas. Actuación do obradoiro municipal de teatro.

Deportes

De 12:00 a 13:00 horas. Club de Taekwondo Wellness.

De 12:30 a 13:30 horas. Fútbol Praíña Sporting Club.

De 13:00 a 14:00 horas. Amizar Agility.

De 13:00 a 14:00 horas. Skate.

De 16:00 a 17:00 horas. Valentes Rugby y Flag.

De 17:00 a 18:00 horas. Escola de Béisbol e Sóftbol dos Tilos.

De 12:00 a 18:00 horas. Xadrez CSF Teo.

Obradoiros

De 12:15 a 14:00 horas. Obradoiro de cociña da ARC Os Tilos para nenos/as de 5 a 11 anos.

De 16:00 a 18:00 horas. Actividades infantís.

16:30 horas. Obradoiro de gorras.

17:45 horas. Demostración de break dance.

18:30 horas. Actuación da compañía Chévere con Aspamite.

A xornada festiva pecharase coa actuación da orquestra Os Modernos.

 

Festeo e Feira da Terra