O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O 1 DE SETEMBRO INICIA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA XVIII LIGA DE FÚTBOL SALA E PARA SOLICITAR OS PAVILLÓNS DEPORTIVOS MUNICIPAIS

| compartir:

Os equipos que desexen participar na XV Liga de Fútbol Sala Concello de Teo teñen de prazo ata o vindeiro 18 de setembro para formalizar a inscrición nesta competición. O Concello de Teo abre tamén un prazo de tempo para solicitar o uso dos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa durante o período comprendido entre 1 de outubro ao 31 de maio.

As persoas interesadas en anotar un equipo na liga poden presentar as súas solicitudes ata o 18 de setembro no Rexistro Xeral da Casa do Concello. Para iso deben presentar a folla de solicitude cuberta, fotocopia do DNI e fotografía tamaño carné de cada  integrante do equipo, tal e como se recolle nas bases desta liga .

 

O Departamento de Deportes informa tamén da apertura do prazo para solicitar o uso dos pavillóns municipais dos Tilos, Calo e A Ramallosa para realizar actividades deportivas durante o período comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de maio. As persoas e entidades interesadas terán de prazo entre o 1 e o 15 de setembro para entregar a ficha de solicitude , debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello e o día 17, ás 20.30 horas realizarase un sorteo na Casa do Concello para cadrar as solicitudes.

 

O horario do Rexistro Xeral do Concello, no cal hai que realizar estes trámites, é de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas e os sábados entre as 09:00 e as 13:00 horas. Pódese solicitar máis información no Departamento de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono do Concello 981 815 700. 

Podes consultar a convocatoria completa da Liga de Fútbol Sala  e a convocatoria completa da utilización de pavillóns deportivos municipais. 

teo