O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

MÚSICA, TEATRO E CONTOS PARA REMATAR O ANO NA PROGRAMACIÓN CULTURAL TEENSE

| compartir:

Este sábado 19 ás 19 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa, Pesdelán presenta un espectáculo musical onde a interrelación co público pretende ser constante. O concerto baile que propón Pesdelán procura que o público asistente interactúe cos instrutores de baile que irán explicando o xeito de bailar os temas que o grupo de músicos vai interpretar. Así o concerto será unha festa da música e a danza tradicional e moderna apta para todos os públicos, ou como eles mesmos din, dos cero aos cento cinco anos.

Na xornada do luns 21 é o tempo para o teatro, a compañía Teatro dos Gazafelhos representa a obra Non é país para cabaleiros, un espectáculo divertido, cunha chea de picaresca onde os homes de carne e óso se mesturan cos monicreques. Haberá acrobacias, malabares e outros trucos onde a participación do público terá un papel moi importante. Será ás 18 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa.

 

E para rematar a programación no 2015, o luns 28 ás 18 horas na Mediateca do Grilo, chega Contos de Nadal, onde a compañía Lisístrata porá nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantarán panxoliñas e contarán historias que falan do sentido destas datas e que ás veces serán divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.

teo