O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Música familiar con Pakolas na BPM do Grilo-Cacheiras este sábado

| compartir:

O sábado 22 de abril ás 18 horas, como aperitivo do Día do Libro, poderemos desfrutar na Biblioteca do Grilo-Caheiras das "Parábolas de Pakolas". Trátase dun espectáculo no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música rock e máis estilos que entusiasman aos nenos e ás nenas. Combínanse as cancións coas historias que nelas se recollen cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar. A entrada é de balde ata completar aforo. Esta actuación enmárcase no programa Ler Conta Moito para dinamización das bibliotecas da Red de Bibliotecas Públicas de Galicia.

 

As Parábolas de Pakolas na BPM do Grilo-Cacheiras