O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

MAÑÁ ARRANCA NO CONCELLO "LIBRETEO", UN EVENTO DEDICADO AO SOFTWARE LIBRE

| compartir:

Mañá arranca no Concello de Teo “LibreTeo”, unha actividade organizada por AGASOL, en colaboración cos Departamentos de Promoción Económica e Mocidade do Concello de Teo e Boa Idea, coa que se quere “promover en Teo “unha comunidade tecnolóxica, non só para profesionais”, segundo Conchi García, concelleira de Promoción Económica.

A xornada, na que xa están inscritas máis de 120 persoas, terá lugar, a partir dás 10:00 horas, no Auditorio da Ramallosa e contará con obradoiros para tódolos públicos. Os máis cativos (de 3 a 10 anos) poderán participar en dinámicas e xogos de programación, xogos de acción e de pistas, ademais de desfrutar de obradoiros e de contacontos. Por outra banda, os menores de entre 8 e 12 anos tamén terán o seu espazo, con obradoiros de programación impartidos por Luz Castro, de Imaxin Software.

 

Polo seu lado, os maiores terán a súa disposición o obradoiro de instalación de Ubuntu Linux, da man de Iñaki Quenerapú, de Boa Idea, ademais de diversas charlas ao longo do día, como a de edición de vídeo para todos, impartida tamén por Iñaki Quenerapú, a de produción musical con software libre, por Miguel A. Rodríguez Muíños, imaxes en acción, con Jorge Lama ou a historia da Kernel de Mugardos, por Alberto Permuy. As charlas da tarde estarán dedicadas áhackcesibilidade, da man de Fátima García, e á distribución de Linux lixeira e para cativos, por Miguel Bouzada. Marta Romeo falará da actitude Ubuntu en Orienta Galicia e Rafa Gaioso farao sobre o software libre nos centros penitenciarios galegos. O evento rematará, ás 21:00 horas, co humor e música de Victor Grande, informático e cómico. 

 

O programa detallado pode consultarse en http://libreteo.org/ e, en caso de non estar inscrito, pódese facer aquí antes do remate do día.

 

Na xornada facilitaranse pen drives aos asistentes, cos que poderán instalar nos seus ordenadores sistemas operativos libres como Ubuntu Linux. 

 

Dende o Concello destacan o desexo de que o “LibreTeo” sexa un evento de carácter anual e estable no tempo, ademais de converter Teo “nun punto de referencia a nivel comarcal no sector tecnolóxico”, segundo Conchi García. 

libre teo 2016