O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Maio mes das letras 2017. Axenda cultural

| compartir:

Arrincamos un ano máis o Maio, mes das letras dende Cultura do Concello de Teo. Cine, contacontos, pallasos, música e por suposto moitos libros para este 2017 dedicado a Casares.

 

Para comezar o xoves 5 de maio teremos actos por partida dobre. Ás 18:00 horas na Biblioteca dos Tilos (Casa Común dos Tilos), o IES de Cacheiras a través do seu proxecto de alfabetización cinematográfica ATURUXO FILMS organiza a proxección da película En construcción de José Luís Guerin como unha das actividades do proxecto europeoCINED no que participa. O alumnado de Cultura Audiovisual presentará a película e organizará o coloquio posterior co público asistente. Ás 21:00 horas, no Auditorio Constante Liste da Ramallosa, concerto de Odaiko na compaña de Vanesa Muela, artista cun importante labor de posta en valor da música tradicional castelá-leonesa.

O venres 12, na BPM de Grilo-Cacheiras ás 20 horas, contacontos para público adulto. Pepe Sendón presenta Liñas paralelas. O sábado 13 ás 18:00 horas, na Biblioteca dos Tilos, grandes e pequenos a bailar con Mamá Cabra e os seus "Contos que saen dos libros". O martes  16, á mesma hora e tamén na Biblioteca dos Tilos, turno para Anxo Moure e a súa Titiricleta. O venres 19 tamén ás 18:00 horas pechará as actuacións nas bibliotecas Larraitz cos Babacontos con Carlos Casares na BPM do Grilo-Cacheiras. Este grupo de actividades son de balde e enmarcanse no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para rematar o mes, trasladámonos ó Auditorio Constante Liste da Ramallosa. O sábado 20 ás 19:30 horas, Migallas Teatro traerá Un avó especial. O venres 26, clown con Popín quere aprender galego. Van dirixidas a público familiar e as entradas serán de balde ata completar aforo

Maio mes das Letras 2017