O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Lolo Penas e Tina Fernández gañan na categoría absoluta da carreira Batalla de Cacheiras

| compartir:

Lolo Penas e Tina Fernández convertíronse esta tarde nos gañadores da categoría absoluta da Carreira Popular Batalla de Cacheiras. Nunha xornada lúdica e festiva na que o deporte foi o protagonista case 600 persoas participaron nesta competición, xa sexa nas categorías escolares ou na dos/as adultos/as.

Durante a maña celebráronse no parque dos Tilos as carreiras dos peques, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Esta actividade acompañouse de obradoiros e demostracións deportivas, de graffiti...para ofertar unha mañá completa ás familias que se achegaron aos Tilos.

Xa pola tarde celebrouse a andaina e a carreira Batalla de Cacheiras que cubre un trazado histórico que lembra o enfrontamento militar entre as tropas do xeneral de La Concha e o exército sublevado liderado polo xeneral Solís o 23 de abril de 1846. A saída fíxose dende a reitoral de Bamonde e a meta estaba no alto de Montouto, na Pena Escorredía. Entre estes dous puntos, nove quilómetros de camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras. E tamén nove quilómetros de esforzo xa que se trata dun trazado cun final cunha destacada pendente na que os participantes teñen que defender a súa forma física.

A categoría absoluta contou este ano con figuras como Pedro Nimo e Lolo Penas que quixeron coñecer esta carreira con historia. Dende este 2017 na meta hai colocado unha figura dun soldado en lembranza da Batalla no que se irán colocando os nomes dos gañadores das carreiras de cada edición.

A carreira popular Batalla de Cacheiras forma parte por primeira vez do V Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. Esta proba, organizada polo Concello de Teo, conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, de Gadis, do Club Motociclista Teo, de Sábora, de Silverreira de Abanca e da Comisión de Festas de Bamonde.

Os resultados desta proba xa estan dispoñibles na web www.emesports.es.

Batalla de Cacheiras