O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

GRAN PARTICIPACIÓN NA CARREIRA PEDESTRE DE CACHEIRAS

| compartir:

O día de onte tivo lugar a Carreira Pedestre de Cacheiras, organizada dende o Departamento de Deportes do Concello de Teo con motivo da conmemoración do 170 Aniversario da Batalla de Cacheiras. Dende o Departamento de Deportes, quíxose poñer en valor o trazado orixinal da Batalla, fixando para a carreira o trazado que seguiu o Xeneral de la Concha no seu camiño a Montouto.

Este ano, rexistrouse unha alta participación na Carreira Pedestre, con case 500 persoas inscritas. En total, foron 141 os atletas das categorías júnior, promesa, sénior e veteranos, os que percorreron os 9 km existentes entre a Reitoral de Bamonde e o Alto de Montouto, un terreo con zonas difíciles polos desniveis e custas pero cunha gran beleza paisaxística. A pesar da dureza do roteiro, só bastaron 34 minutos e 55 segundos para que os atletas comezasen a chegar a liña de meta, situada na Pena Escorredía. En primeiro lugar, chegou José Canda, inscrito na categoría sénior. Con tan solo 7 segundos de diferenza chegou Miguel Mayán, da categoría veterano A. Medio minuto despois, foi a quenda de Victor Seijas, da categoría sénior. O primeiro posto da categoría júnior/ promesa foi para Walter Omar Rosales, cun tempo de 45 minutos e 6 segundos.

 

No cadro feminino, a primeira clasificada foi Sofía Sueiro, da categoría veterana A, con un tempo de 44 minutos e 34 segundos. María Tarrio, da categoría veterana A, chegou en segundo lugar, cun tempo de 46 minutos e 43 segundos. O terceiro posto foi para Elena Miguens, tamén veterana A, cun tempo de 47 minutos e 21 segundos.

 

A actividade continuou ca quenda dos máis cativos e cativas en Montouto. En total, 297 nenos e nenas fixeron fronte aos tamén duros metros cos separaban da meta.

 

Por coincidir a carreira cas festas de Bamonde, o lugar de inicio da mesma, a saída deuna un Xeneral da Ulla, que acompañou a cabalo aos corredores ata o Alto de Montouto. Por outra banda, e sumada á gran participación, a climatoloxía foi unha gran aliada e fixo posible o desenvolvemento de todas as carreiras.

carreira pedestre