O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES, EN TEO

| compartir:

A galiña azul é unha adaptación teatral destinada a público infantil e familiar do libro de relatos homónimo de Carlos Casares, autor a quen este ano 2017 se lle dedica o Día das Letras Galegas. É polo tanto o punto de partida dos actos de homenaxe que o Concello de Teo programa habitualmente co motivo deste día.

 

Esta proposta da Editorial Galaxia a través de FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Rede de Dinamización Lingüística, será representada por Ubú Teatro o no Auditorio Constante Liste da Ramallosa, este sábado 25 de marzo a partir das 18.00 h.

 

A Editorial Galaxia, responsable da actividade, agasallará co libro A galiña azul a cada nena e neno que asista ao obradoiro.

 

A galiña azul é o punto de partida desta adaptación teatral. Un libro escrito como unha carta a unha nena chamada Ana que marchou da vila cando era pequena. O rapaz que lle escribe cóntalle anécdotas e acontecementos que ocorreron dende que ela se foi: fálalle das amizades, do garda, do tolo… Son cinco relatos: “Querida Ana”, “O peixe da fonte do xardín”, “A bomba da felicidade”, “A galiña azul”, “A formiga esquiadora” e “O final da historia da galiña azul”. Narracións cheas de fantasía, de maxia, pero tamén de crítica social, pois a galiña azul simboliza o dereito a ser diferentes, á liberdade. Os cinco relatos que se van entrelazando na proposta teatral teñen a vontade de transmitir as mensaxes que están no conto: a defensa da lingua, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso empréganse diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown. Todo pensado para que o público entre na “fantasía do real” e dende alí sinta todos os valores que hai detrás da proposta de Carlos Casares.

teo