O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A FEIRA DO SAN MARTIÑO TRAERÁ DE NOVO A MILLEIROS DE PERSOAS Á CARBALLEIRA DE FRANCOS

| compartir:

O 11 de novembro, festivo local, Teo está de festa e celebraráo cos milleiros de persoas que encherán a carballeira de Francos en Calo coa feira cabalar do San Martiño. Este mércores os cabalos, os postos de venda de polbo e os/as visitantes volverán a ser os protagonistas dunha celebración tradicional e popular. 

Na véspera da feira e xa coas carpas dos polbeiros colocadas e dispostos a servir racións de comida a charanga da SR de Calo amenizará a cea de moitos/as asistentes. 

Na xornada do 11 dende ben cedo comezarán a entrar os cabalos que serán unha das maiores atraccións da feira e sen dúbida a súa razón de ser. Pero os múltiples postos de venda de produtos de alimentación, artesanía e mesmo roupa ou aparellos de labranza serán outro dos elementos que darán cor á carballeira. 

A previsión meteorolóxica é positiva polo que dende os servizos da Policía Local e Protección Civil insisten en que haberá numerosos aparcadoiros no entorno da feira e que é moi importante atender as indicacións de direccións para evitar problemas de tráfico e seguridade.

Na pasada fin de semana a carballeira de Francos xa acolleu programación previa cun roteiro pola zona e coa proxección de "A última viaxe do afiador", actividades cunha boa asistencia de público.  

A programación do San Martiño conta coa colaboración da Deputación da Coruña

teo