O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL ATA O VINDEIRO 9 DE NOVEMBRO PARA POSIBLES RECLAMACIÓNS

| compartir:

Diante da próxima convocatoria ás Eleccións a Cortes Xerais 2015, que se celebran o 20 de decembro, a Oficina do Censo Electoral comunica aos Concellos que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será entre os días 2 e o 9 de novembro, ambos incluídos. Para consultar os datos pódese facer telefónicamente no 901-101-900 ou na Sede electrónica do INE premendo aquí

Nas oficinas municipais pódese facer tamén a consulta e atenderanse as reclamacións. Débense facer de xeito presencial en horario de antención ao público, de 08:00 a 14:00 horas de luns a venres ou o sábado de 09:00 a 13:00 horas. 

Durante o prazo de exposición pública, ata o luns 9 de novembro, calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censais. Esta reclamación só se pode presentar de xeito presencial nas oficinas do Concello identificándose co DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular.

Dende os servizos administrativos tamén se informa de que os maiores de 14 anos teñen que ter obrigatoriamente no padrón o DNI. No caso de que ese dato non apareza tamén deben dirixirse ó Concello para incluílo, xa que se non teñen ese dato poden impedirlle votar o próximo 20 de decembro. Esta circunstancia pódelle afectar sobre todo ás persoas que veñen de cumprir 18 anos e teñen dereito a voto por primeira vez.

O acceso aos datos do censo tamén se pode realizar por internet a través da Sede Electrónica do INE con certificado dixital ou DNI electrónico premendo aquí

Máis información no teléfono do Concello de Teo 981 815 700.

teo