ESTE VENRES 23 DE OUTUBRO PROGRÁMASE PETER PUNK: CHUNGATRONA NO LUGAR DO ENSAIO DO ESPECTÁCULO ÍNTIMO

22-10-2015
teo

Dende o Departamento de Cultura informan de varios cambios na programación do mes cultural. Este venres 23 anúlase o ensaio aberto do espectáculo Íntimo de Pista Catro Produtora de Soños previsto para as 19:00 horas. No seu lugar programouse a peza Chungatrona de Peter Punk para un público familiar, neste caso comezará ás 18:00 horas. Trátase dunha obra onde se mesturan o clown, os malabares e o humor. Será no CSC da Ramallosa e a entrada é de balde. Os cambios na programación son causa de problemas da produtora.  

A programación cultural para toda a familia continúa o sábado na Casa Común dos Tilos coa peza teatral "O traxe novo do rei" indicada para nenos/as de 3 a 12 anos. A función comeza ás 18:00 horas. 

A actuación prevista para o 30 de outubro "Cabaret bíblico" de Tangatutanga Teatro tamén se anula e está previsto volver a programala durante novembro. 

Todas as actuacións son de balde polo que dende o departamento de Cultura anímase aos asistentes a colaborar co Banco Veciñal de Alimentos coa entrega de produtos non perecedeiros (leite, conservas...) 

Desculpade as molestias por tanto cambio ;)