O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ESTE SÁBADO DISPÚTASE O VII TRIANGULAR DE FÚTBOL DO PRAÍÑA, QUE DESTINA O 10 % DA RECADACIÓN A ASPAMITE

| compartir:

Este sábado, 30 de xullo, dispútase o VII Triangular do Praíña Sporting Club, no que colabora o Concello de Teo, entre outras entidades. Este torneo futbolístico xogarase no Campo de Reis, en Pontevea, a partir das 18:30 horas.

Nesta edición participan os equipos da Sociedade Deportiva Compostela, a Unión Deportiva das Somozas, e o Coruxo Fútbol Club. O primeiro encontro será entre o Compostela e o Somozas, ás 18:30 horas. Ás 19:30 horas comezará o partido entre o Somozas e o Coruxo. E ás 20:30 horas enfrontaranse o Coruxo e o Compostela. A entrega dos trofeos terá lugar ás 21.30 horas.

 

O triangular ten un carácter solidario e vai destinar o 10 % da recadación da entrada a beneficio de ASPAMITE, entidade sen ánimo de lucro que aglutina ás familias de persoas con discapacidade de Teo.

deportes teo