O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ESTA TARDE NA CASA COMÚN DOS TILOS "UN NADAL CHEO DE CONTOS"

| compartir:

Dentro da programación cultural de Nadal no Concello de Teo este luns 28 de decembro teremos "Un nadal cheo de contos" da man da compañía Lisístrata. A actuación será na Casa Común dos Tilos ás 18:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. 

Esta tarde a compañía Lisístrata estará en Teo para poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantarán panxoliñas e contarán historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes, outras misteriosas...

O Departamento de Cultura agradece que os/as asistentes colaboren co Banco Veciñal de Alimentos de Teo entregando alimentos non perecedeiros (leite, conservas...)

teo