O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

COMPARECEN AS CONCELLEIRAS DE SEGURIDADE CIDADÁ E URBANISMO NO PLENO ORDINARIO

| compartir:

A corporación teense reúnese este xoves 25 de febreiro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

No pleno comparecerán as concelleiras de seguridade cidadá, Salomé Beiroa, e de urbanismo, Uxía Lemus, en relación do expediente de Texexe. Ademais destes puntos tamén se votarán mocións sobre a lei mordaza, o cumprimento da carta europea das linguas rexionais e minorizadas ou sobre o fomento dos cursos de carné de manipulador de fitosanitarios.  

 

A orde do día ten os seguintes puntos:

 

  1. Aprobación da acta da sesión do 15/12/15
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 76/16 á 154/16)
  3. Ratificación da resolución da alcaldía de 10 de febreiro de 2016 pola que se aproban os proxectos modificados das obras incluídas no POS 2016.
  4. Comparecencia da Sra. Concelleira de administración, educación e seguridade cidadá, Dna. Salomé Beiroa Fernández, en relación co expediente de Texexe.
  5. Comparecencia da Sra. Concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, Dna. Uxía Lemus de la Iglesia, en relación co expediente de Texexe.
  6. Ditame da moción do grupo municipal de Son de Teo-Anova contra a lei 4/2015, de protección da seguridade cidadá e a lei orgánica 1/2015, pola que se modifica o código penal.
  7. Ditame da moción do grupo municipal de Son de Teo-Anova en defensa do pobo saharaui.
  8. Ditame da moción conxunta do grupo municipal de Son de Teo-Anova, PSdeG-PSOE e Grupo Mixto para instar ao cumprimento real e efectivo da carta europea das linguas rexionais e minorizadas.
  9. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre fomento dos cursos para a obtención dos carnés de manipulador de produtos fitosanitarios.
  10. Mocións.
  11. Rogos e preguntas.
teo