O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de marzo

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 29 de marzo en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo aquí

A orde do día é a seguinte:

  1. Aprobación da acta da sesión do 20.02.17.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 143/17 á 242/17).
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación ao persoal eventual.
  4. Dar conta do informe de evolución do cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais durante a anualidade 2016.
  5. Ditame da moción conxunta de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE sobre reclamación á Xunta de Galicia de execución da senda peonil e ciclista de Pontevea-O Ferreiriño.
  6. Ditame da moción conxunta de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE pola biodiversidade fronte á eucaliptización.
  7. Ditame da moción do grupo mixto relativo a dotar a Teo dun centro de día público para atender a persoas maiores en situación de dependencia.
  8. Mocións.
  9. Rogos e preguntas.
Pleno