O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de maio

| compartir:
Parroquia
Lucí

A corporación teense reúnese este mércores 31 de maio en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo aquí

A orde do día ten os seguintes asuntos:

  1. Aprobación da acta da sesión do 29.03.17
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 326/17 á 429/17)
  3. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza do prezo público por servizos de conciliación
  4. Ditame da proposta da alcaldía de substitución de avais da piscina municipal
  5. Ditame da proposta da alcaldía de ratificación do decreto de 4 de abril de 2017 (RES 271/17) de promoción conxunta do entroido dos xenerais da Ulla
  6. Ditame da proposta da alcaldía de modificación do sistema de clasificación profesional vixente para o persoal laboral municipal
  7. Ditame da proposta da alcaldía de regularización retributiva da categoría profesional de oficial do persoal laboral do Concello de Teo
  8. Mocións
  9. Rogos e preguntas
Casa do Concello