O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de abril

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 26 de abril en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo aquí

A orde do día ten os seguintes asuntos:

  1. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 243/17 á 325/17).
  2. Dar conta do informe do cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais, 1º trimestre de 2017.
  3. Dar conta dos resultados da liquidación do exercicio 2016.
  4. Proposición da alcaldía de forma de xestión do servizo de conservación e mantemento do alumeado público e instalacións municipais e prórroga transitoria do contrato.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de modificación do acordo plenario de aprobación do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2017"
  6. Ditame da moción do grupo municipal de SondeTeo-Anova de rexeitamento de determinadas actuacións da Valedora do Pobo.
  7. Mocións.
  8. Rogos e preguntas.
sesión plenaria