O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario de decembro

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 27 de decembro nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Orde do día

  1. Aprobación da acta da sesión de 29.11.17
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 991/17 á 1073/17)
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 Bis da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación do persoal eventual.
  4. Ditame da proposta da moción do grupo mixto de rexeitamento da subida das peaxes na AP-9.
  5. Mocións.
  6. Rogos e preguntas.
pleno