O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A axenda cultural de outubro céntrase no teatro

| compartir:

En Teo falar de outubro é falar de teatro. Rematado o verán a axenda cultural do outono énchese de citas coa escena no Concello con dez funcións para todo tipo de públicos. A maioría das actuacións serán no Auditorio Municipal Constante Liste, na Ramallosa aínda que tamén se programa no IES de Cacheiras e nas biliotecas municipais. 

O mes do teatro comeza o sábado 7 coa función O florido pencil representado pola Asociación Cultural O Maxolo no Auditorio Constane Liste ás 21:00 horas. Está dirixido a público adulto. O sábado 14 ás 21:00 horas teremos outra función para adultos, Os límites do frío interpretada por Lois Blanco Araúxo. O sábado 21 no Auditorio Constante Liste ás 21:00 horas a Asociación Teenses pola Igualdade presenta a peza A cousa de Bernarda Alba para público adulto.

O domingo 22 tamén no Auditorio da Ramallosa o grupo de teatro municipal representa Hotel Ramallosa ás 19:00 horas indicado para público adulto. O venres 21 Talía Teatro presenta Os Foucellas ás 21:00 horas (público adulto) tamén no A. Constante Liste.

Funcións familiares

Durante todo o mes haberá varias citas para o público familiar. O sábado 21 ás 19:00 horas teremos na Biblioteca dos tilos co contacontos infantil e familiar Filipa cos contos da man de Fran Campos. O martes 24 ás 18:00 horas na Biblioteca do Grilo en Cacheiras preséntase Contos para bebés con Pavís Pavós para nenos e nenas de ata 3 anos. O mes remata coa obra A nena que quería navegar de Redrum Teatro o sábado 28 de outubro ás 19:00 horas no Auditorio Constante Liste.

Teatro no instituto

Dentro do mes do teatro do Concello sempre se programan funcións nalgún dos centros escolares. Neste caso será no IES de Cacheiras. O venres 13 ás 12:00 horas no auditorio do centro a Asociación Cultural Tolemia presenta Low cost for Shakespeare. O venres 27 ás 12:00 horas Talía Teatro presenta Foucellas no Auditorio Cosntante Liste nunha función para os escolares do IES.

As entradas a todas as obras son de balde polo que dende o Departamento de Cultura se anima ao público asistente a colaborar co Banco Veciñal de Alimentos coa entrega de produtos non perecedeiros (leite, conservas, aceite, legumes...). A entrega pódese facer o mesmo día da función nos locais.

Mes do teatro